Xunta Preautonómica de Andalucía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Xunta Preautonómica de Andalucía foi o organismo administrativo de Andalucía entre 1978 e 1982, ano no que tomou posesión o primeiro goberno autonómico.

A Xunta Preautonómica foi creada pola Asemblea de Parlamentarios Andaluces o 7 de xaneiro de 1978 na Deputación de Cádiz. Ao ano seguinte a Xunta Preautonómica acordou que Andalucía accedese á autonomía pola vía do Artigo 151 da Constitución Española.

Primeiro goberno preautonómico[editar | editar a fonte]

O primeiro Consello de Goberno tomou posesión o 2 de xuño de 1978 cos seguintes integrantes:

  • Presidente: Plácido Fernández Viagas
  • Conselleiro de Traballo: Carlos Navarrete Merino
  • Conselleiro de Interior: Carlos Sanjuán de la Rocha
  • Conselleiro de Cultura: Alfonso Lazo
  • Conselleiro de Obras Públicas: Rafael Escuredo Rodríguez
  • Conselleiro de Agricultura: Francisco de la Torre Prados
  • Conselleiro de Educación: Eugenio Alés Pérez
  • Conselleiro de Industria: Tomás García García

Segundo goberno preautonómico[editar | editar a fonte]

Tomou posesión o 2 de xuño de 1979.

  • Presidente: Rafael Escuredo Rodríguez
  • Conselleiro de Interior: Antonio Ojeda Escobar
  • Conselleiro de Política Territorial: Jaime Montaner Roselló
  • Conselleiro de Cultura: Rafael Vallejo
  • Conselleiro de Sanidade: Fernando Arenas del Buey
  • Conselleiro de Agricultura: Pedro Valdecantos / José González Delgado
  • Conselleiro de Facenda: José Fernández Alemán
  • Conselleiro de Industria: Tomás García García
  • Conselleiro de Medio Ambiente: Miguel Ángel Arredonda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xunta_Preautonómica_de_Andalucía&oldid=4338123"