Irea

Variantes:

Erea, Iría, Irena.

Étimo:

Deriva do nome grego Eirene ("paz", "deusa da paz"), adaptado ó latín da idade imperial como Irene (tamén co significado de "paz"). Este nome de Irea coresponde o portuges Iría (acentuado no segundo i), que nada ten que ver, polo tanto, coa Iria galega. Entre os cristiáns reinterpretouse con senso de "paz cristián", "paz fraternal dos homes na terra e dos xustos no ceo".

Historia ou lenda:

Santa Irea de Tesalónica (séc II-III) foi martirizada pno ano 304 por gardar na casa dos seus pais as Sagradas Escrituras e pergamiños cristiáns.

Irea de Roma (séc III), piadosa viúva romana, disque lle arrincou a san Sebastián as frechas cravadas no copor del e que despois lle vendou as feridas.

Santa Iría de Santarém (Portugal) foi freira do séc. VII nu mosteiro próximo a Nabancia (Tomar). Prometida de Britaldo, a quen lle salvara a vida nunha ocasión, o mozo renunciou a casar con ela por respecto ós votos de virxinidade que ela contraera, pero amenazouna de morte se sabía que tiña amores con outro. Dando creto ás calumnias, Britaldo mandouna matar e o corpo tirárono ó río Nabao, afluente do Texo. O cadáver apareceu preto de Scallabis, vila que desde entón tomou o nome de Santarém (de Santa Irena).

Levaron este nome varias emperatrices do Imperio Romano de Oriente, Irene Joliot-Curie, filla de Pierre e de Marie Curie e tamén Premio Nobel, coma seus pais, en 1935 a actriz Irene Pappas e a princesa Ira de Furstenberg. Lembranos a Irene da Saga dos Forsyte de Galsworthy e tamén o Romance de santa Helena ou Ilena que en portugués é de Santa Iría.

Iconografia:

A de Roma represéntase cun caixa de menciñas ou cunha manchea de herbas curativas na man; outras veces está arrincando as frechas do corpo de san Sebastián.

A de Santarem viste hábito monacal; atributos: palma do martirio ou coroa de mártir, puñal no peito (instrumento do martirio) ou azucenas na man (simbolo da pureza).

Festa:

Celébrase o 18 de setembro (Roma), 20 de outubro (Santarem).

Tradición oral:

Afegaba Erea pola frangulla allea.

Ben apregoa Irea na casa baleira.

Día de santa Erea, froliñas na amendoeira.

Pola santa Erea frol na amendoeira.

Pola santa Erea bule o lagarto por de antre as pedras.

Por santa Erea o fucín asoma a lagartixa por entre as pedras.

Por santa Erea pega o sol nas leiras.

Por santa Erea colle os bois e semea. Alude ó pan tremés, ou avea e centeo de cedo, segundo Llópiz