Etnografía | Cultura Espiritual | por Vicente Risco

O estudo da cultura popular é unha discipliña moderna, iniciada polos escritores e pensadores románticos na Alemaña e Inglaterra. Co nome inglés de folklore aparez en Hespaña, en 1881, por iniciativa dun galego ilustre, don Manuel Machado y Alvarez, que formóu unha sociedá en Sevilla, da que derivaron todalas demáis. En Galiza formouse outra, en 1883, gracias a Doña Emilia Pardo Bazan, e dela formaron parte Don Xosé Pérez Ballesteros, recolector do noso cancioneiro popular, Don Marcial Valladares, autor do máis cosultado dos diccionarios galegos, e outros investigadores amantes da nosa Terra.

O que soen chamar por ahi adiante "folklore", e nós preferimos chamar "cultura popular", designa a un tempo a cultura popular mesma, obxeto do noso estudo, e a discipliña ou ciencia adicada a recollela e estudiala.

Entendemos por cultura popular o conxunto daquelas creencias, coñecencias, ritos, usanzas sociás, métodos de traballo e producciós útiles, literarias e artísticas, que un pobo determiñado posee en común, e que non deprendéu na escola nin nos libros, sinón que os recibéu unha xeneración da outra por tradición, calquera que sexa a camda, clás ou estamento social en que se atopen.

Diste xeito, a cultura popular ven ser propiamente aquelo que soe chamarse tradición, e quei o é pola maneira de ser trasmitida e pola súa orixe; é máis: a cultura popular e a tradición "viva", e, moitas veces, non somentes a tradición vivente, sinón tamen a "operante"