- Rosalía de Castro
Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1837 — Padrón, 15 de xullo de 1885) é a mellor escritora en lingua galega e unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas é feriado por causa de ser a data de edición da súa obra Cantares Gallegos.
- Álvaro Cunqueiro
Mondoñedo, 22 de decembro de 1911 - Vigo, 28 de febreiro de 1981 foi novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo, considerando un dos grandes autores da literatura galega.
- Eduardo Pondal
De orixe fidalga, Eduardo Pondal quedou orfo de nai ao ano de nacer, estudou dende 1844 gramática latina na escola que tiña un parente crego en Vilela de Nemiña. En 1848 instalouse en Santiago de Compostela para cursar o ......
- Manuel Leiras Pulpeiro
Manuel Leiras Pulpeiro naceu e morreu en Mondoñedo no ano 1854, e 1912 respectivamente. Estudiou Latín e Humanidades no seminario mindoniense, e Medicina en Madrid. Exerceu a Medicina en Mondoñedo, cun grande recoñecemento popular.
- Manuel Murguia
Manuel Murguía era fillo de dona Concepción Murguía e don Juan Martínez. Este era farmacéutico na rúa Garás da Coruña e estableceuse despois en Santiago de Compostela. Será neste lugar precisamente onde o neno Manuel Murguía presencie os sucesos do 23 de abril de 1846, que el narrará máis tarde nun artigo titulado "La Voz de Galicia" cun enorme sentimento; é de supoñer que este episodio da historia de Galiza influíu na ideoloxía romántico-liberal do rapaz.
